![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1956 ![]() Lone Tree, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Residencia | Massachusetts ![]() |
Grupo étnico | Afroamericano ![]() |
Educación | Oklahoma State University–Stillwater (en) ![]() Yale Law School (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesora, activista polos dereitos das mulleres, avogada, Activista polos dereitos humanos ![]() |
Período de actividade | 1983 ![]() |
Empregador | Universidade Brandeis Universidade de California, Berkeley University of Oklahoma College of Law (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Notable Black American Women ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Anita Faye Hill, nada en Lone Tree, Oklahoma o 30 de xullo de 1956, é unha profesora da Universidade de Brandeis (Waltham, Massachusetts), avogada e activista coñecida porque en 1991 acusou o candidato á Corte Suprema dos Estados Unidos, Clarence Thomas, de acosala sexualmente mentres era o seu supervisor na EEOC (Equal Employement Opportunity Commission) na década dos 80. A utilización durante o xuízo do concepto "acoso sexual" significou o dar a coñecer e popularizar un termo que dende mediados dos 70 xurdiu nos círculos do movemento feminista radical.[1]